Ola a todas e todos de novo!!
Esta vez falaremos da
elección do noso traballo final de novas tecnoloxías, un e-book. O eleximos xa
que nos parece o formato máis adecuado para presentar o noso tema. Con el
trataremos noticias, falaremos da importancia das TIC e incluso poderemos
engadir algunhas actividades para os rapaces e rapazas.
Para ter ideas para o
noso propio consultamos algúns e-books, por exemplo os que tiñan nas revistas Educación tres punto cero, Comunicar, Quaderns e Pixel Bit. En
todas elas aparece información a través de artigos ou estudos sobre as TIC nas
aulas. Falan sobre como incluír diferentes recursos nas clases, utilizar
dicionarios online, distintas apps e incluso algúns xogos que lles permitan aos
alumnos/as divertirse e aprender ao mesmo tempo. Concretamente na revista de Educación tres punto cero tratan
plataformas coma a de Kahoot, un instrumento que permite que os profesores/as
elaboren unha serie de preguntas que máis tarde os alumnos contestaran como se
se tratase dun concurso.
📕💻📕
No hay comentarios:
Publicar un comentario