Hoxe comentarei tres xogos que me parecen moi interesantes e educativos para os nenos e nenas de Primaria. O primeiro deles é o "Xogo do Aire" ( http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-aire/?rnd=0.19416328038206565 ) Trata sobre o medio natural, principalmente sobre o osíxeno e o seu coidado, fan preguntas sobre que casos poden contaminar ou sobre quen necesita osíxeno para vivir.
Paréceme un xogo moi educativo que axuda a que os/as máis pequenos/as se den conta da importancia que ten coidar o osíxeno polas moitas utilidades que ten, e que para nós, os humanos é imprescindible para vivir.
O segundo dos xogos é o "Xogo da enerxía solar (http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es_2008070113_0320400/false) que ten principalmente tres partes. A primeira consiste nunha explicación sobre como é a enerxía solar e para que se utiliza, logo aparecen varias preguntas tipo test nas que deben elexir a resposta correcta e por último clasificar unha serie de vantaxes e desvantaxes sobre este tipo de enerxía renovable.
É un xogo moi educativo que fomenta o uso da enerxía solar, un recurso que favorecería totalmente ao medio natural xa que é pouco destructiva e renovable.
E en terceiro e último lugar o xogo de "¿Reciclamos?" (http://agrega.hezkuntza.net/visualizar/es/es_2009050813_7200190/false ) Trata de conseguir clasificar correctamente varios obxectos meténdoos nos distintos contenedores.
Esta é unha maneira de que xogando os nenos e nenas consigan aprender a reciclar correctamente, ten tanto un aspecto educativo coma cotiá, xa que é unha actividade que poden realizar no día a día na súa propia casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario