Experiencias prácticas
martes, 28 de febrero de 2017
Comentario sobre as actividades audivisuais
Ola axentes da natureza!!
Na entrada de hoxe veño a falarvos dun recurso que se chama Atube Catcher. Moit@s a coñeceredes como a aplicación para descargar música de YouTube pero sirve para máis cousas como facer vídeos tutoriais xa que permite gravar a pantalla do voso ordenador con audio. Pareceume un recurso moi útil e fácil de usar porque explica ben os pasos a seguir. Aquí vos deixo o enlace á aplicación e espero que lle deades uso e compartades con todo o mundo os vosos vídeos (Descargar Atube Catcher gratis).
En próximas entradas subireivos o meu tutorial sobre como utilizar Gloster.Un biquiño!!
miércoles, 22 de febrero de 2017
Reflexión final sobre o póster dixital e outras ferramentas
Bos días chicos e chicas!!
Hoxe vimos a comentarvos os recursos que utilizamos esta semana. Concretamente foron programas para crear un póster dixital que incluía ademais os distintos xogos educativos para utilizar na clase, que podedes encontrar tamén no noso blog. Neste poster tamén aparecen recusos coma a nube de tags (enlace aquí) onde encontramos as palabras máis repetidas e destacadas sobre a nosa temática e o código QR (enlace aquí) que facilita a búsqueda do noso blog dende o móbil.
Todos estes recursos eran novos para nós e creemos que son interesantes e nos axudarán a mellorar a calidade do noso proxecto final.
Por último, o póster dixital é un recurso moi recomendable xa que é chamativo e permite amosar moita información tan só nun cartel. Para crear o póster utilizamos a aplicación Gloster.
Isto para os nenos e nenas é máis cómodo e práctico porque teñen todo máis a man e non se saturan co exceso de información. Aquí vos deixamos o enlace para entrar a Gloster (enlace aquí) e tamén para que vexades o noso póster dixital.
Póster en Gloster
Esperamos que vos resultara útil esta información, ata pronto!

miércoles, 15 de febrero de 2017
Recursos relacionados co proxecto
Saudiños rapaciñas e rapaciños! 🌵
Hoxe falareivos un pouco de 3 xogos que atopei nesta semana, parécenme moi interesantes e divertidos e anímovos a que lle botedes unha ollada 👀
Déixovos os enlaces dos xogos e unha imaxe de cada un deles para que vos fagades unha pequena idea 🐙
1º xogo; Presenta 3 apartados relacionados co Día do Medio Ambiente; 1º O xardín, 2º Formas e cores e 3º O fondo do mar. En cada unha das 3 seccións desenvólvese una actividade distinta. Recoméndoo para o alumnado do 1º ciclo de Ed. Primaria 🐤
http://www.tudiscoverykids.com/juegos/vida-natural/
2º xogo; Presenta 6 actividades relacionadas co solo e o entorno e os diferentes usos que se lle dan, son actividades para alumnos e alumnas de 2º ciclo de ed. Primaria 🌿
3º xogo; Neste xogo levanse a cabo actividades relacionadas coas prantas, está adecuado ao alumnado do 3º ciclo de ed. Primaria 🐧
http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-plantas/

Hoxe comentarei tres xogos que me parecen moi interesantes e educativos para os nenos e nenas de Primaria. O primeiro deles é o "Xogo do Aire" ( http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-aire/?rnd=0.19416328038206565 ) Trata sobre o medio natural, principalmente sobre o osíxeno e o seu coidado, fan preguntas sobre que casos poden contaminar ou sobre quen necesita osíxeno para vivir.

Paréceme un xogo moi educativo que axuda a que os/as máis pequenos/as se den conta da importancia que ten coidar o osíxeno polas moitas utilidades que ten, e que para nós, os humanos é imprescindible para vivir.
O segundo dos xogos é o "Xogo da enerxía solar (http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es_2008070113_0320400/false) que ten principalmente tres partes. A primeira consiste nunha explicación sobre como é a enerxía solar e para que se utiliza, logo aparecen varias preguntas tipo test nas que deben elexir a resposta correcta e por último clasificar unha serie de vantaxes e desvantaxes sobre este tipo de enerxía renovable.
É un xogo moi educativo que fomenta o uso da enerxía solar, un recurso que favorecería totalmente ao medio natural xa que é pouco destructiva e renovable.
E en terceiro e último lugar o xogo de "¿Reciclamos?" (http://agrega.hezkuntza.net/visualizar/es/es_2009050813_7200190/false ) Trata de conseguir clasificar correctamente varios obxectos meténdoos nos distintos contenedores.
Esta é unha maneira de que xogando os nenos e nenas consigan aprender a reciclar correctamente, ten tanto un aspecto educativo coma cotiá, xa que é unha actividade que poden realizar no día a día na súa propia casa.
Recursos relacionados co proxecto
Bos días axentes da natureza! Como estades?
Hoxe veño a contarvos como foi a búsqueda de recursos relacionados co proxecto que imos realizar a final de curso. Neste caso encontrei tres xogos educativos moi didácticos e interesantes que tratan sobre a reciclaxe, os elementos da paisaxe e o aire.
1. O primeiro recurso que encontrei foi este xogo educativo para nenos e nenas do primeiro ciclo. Penso que se adapta moi ben para estas idades debido á letra e ás imaxes pero non me gustou que nunha tabla houbese que diferenciar entre elementos da natureza e creados polo home.
http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-elementos-paisaje/
2. O segundo xogo chámase "aprende a reciclar con Pocoyó" e gústame que haxa xogos relacionados con esta temática xa que é necesario que dende moi pequenos/as saibamos a necesidade que ten a reciclaxe e en que contedores hai que tirar o lixo.
http://www.pocoyo.com/juegos-ninos/reciclaje-basura
3.O terceiro xogo educativo titúlase "o aire". Pareceume formativo xa que adquires coñecementos sobre o aire, os gases ou as capas da Terra xogando. As imaxes son de boa calidade e representativas. Aquí vos deixo o enlace. http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-propiedades-aire/
Un saudiño e que teñades bo día💋💋💋💋
Hoxe veño a contarvos como foi a búsqueda de recursos relacionados co proxecto que imos realizar a final de curso. Neste caso encontrei tres xogos educativos moi didácticos e interesantes que tratan sobre a reciclaxe, os elementos da paisaxe e o aire.
1. O primeiro recurso que encontrei foi este xogo educativo para nenos e nenas do primeiro ciclo. Penso que se adapta moi ben para estas idades debido á letra e ás imaxes pero non me gustou que nunha tabla houbese que diferenciar entre elementos da natureza e creados polo home.
http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-elementos-paisaje/
http://www.pocoyo.com/juegos-ninos/reciclaje-basura
3.O terceiro xogo educativo titúlase "o aire". Pareceume formativo xa que adquires coñecementos sobre o aire, os gases ou as capas da Terra xogando. As imaxes son de boa calidade e representativas. Aquí vos deixo o enlace. http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-propiedades-aire/
Un saudiño e que teñades bo día💋💋💋💋
martes, 7 de febrero de 2017
Comentario da revisión feita
Ola rapaces e rapazas! 💪
Como comentei na primeira entrada, a ferramenta escollida para a elaboración do noso traballo foi o e-book ou libro dixital, xa que é a que máis convén para o tema, contidos e actividades que imos ir realizando ao longo do proxecto.
Tocoume botarlle unha ollada ao Blog de Educación e TIC "Tiching", no cal amosa 10 ferramentas para axudarnos na creación do e-book, á páxina web "Blurb" que tamén nos mostra diversos formatos dixitais e axudanos a crealos para os nenos e nenas. De terceiro visitei tamén a páxina "WWWhats new", na cal podemos ler e crear libros dixitais infantís e por último a web "Tecnoloxía Educativa", unha biblioteca virtual que presenta vídeos, enlaces, webs e demáis para axudarnos na formación tecnolóxica dos alumnos e alumnas mediante o ámbito educativo.
Con isto, levarase a cabo un e-book cheo de coñecementos interactivos para facilitarvos a aprendizaxe, unha aperta moi grande, vémonos! 👋🌿

Ola a todas e todos de novo!!
Esta vez falaremos da
elección do noso traballo final de novas tecnoloxías, un e-book. O eleximos xa
que nos parece o formato máis adecuado para presentar o noso tema. Con el
trataremos noticias, falaremos da importancia das TIC e incluso poderemos
engadir algunhas actividades para os rapaces e rapazas.
Para ter ideas para o
noso propio consultamos algúns e-books, por exemplo os que tiñan nas revistas Educación tres punto cero, Comunicar, Quaderns e Pixel Bit. En
todas elas aparece información a través de artigos ou estudos sobre as TIC nas
aulas. Falan sobre como incluír diferentes recursos nas clases, utilizar
dicionarios online, distintas apps e incluso algúns xogos que lles permitan aos
alumnos/as divertirse e aprender ao mesmo tempo. Concretamente na revista de Educación tres punto cero tratan
plataformas coma a de Kahoot, un instrumento que permite que os profesores/as
elaboren unha serie de preguntas que máis tarde os alumnos contestaran como se
se tratase dun concurso.
📕💻📕
Comentario da revisión feita
Boas tardes lectoras e lectores!!
Tras días de chuvia, vento e tronos que causaron desfeitas e accidentes en moitas partes de Galiza parece que o tempo xa se estabilizou ainda que hai fogares que a estas horas que seguen sen luz.
Hoxe veño a contarvos en que formato faremos o traballo final da materia de Novas Tecnoloxías.
Tras debatilo decantámonos polo e-book xa que é orixinal e se adapta ó enfoque que queremos dar.
Grazas a este traballo mostraremos as ventaxas que teñen as TIC na educación.
Tras revisar e-books de Editorias como Santillana, Bruno ou Xerais anotei ideas interesantes que seguro utilizaremos no noso producto final. En líneas xerais caracterízanse por ser moi coloridos, con cantidade de imaxes e nada aburridos. Penso que para que un neno ou nena aprenda debe primar a calidade antes que a cantidade; Isto refléxase nos e-books divisados.
A continuación deíxovos o enlace dunha noticia que se publicou no xornal La Región da provincia de Ourense e algunas fotografías sacadas no Concello de Boborás que plasman o temporal que tivemos días pasados. Un saudiño axentes da natureza!! ✅👄🌿
Noticia do xornal La Región

miércoles, 1 de febrero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)