jueves, 11 de mayo de 2017

Reflexión e despedida

Chegamos ao remate deste experimento coas TIC! Foi unha satisfactoria experiencia compartir tantos momentos tanto con vós como coas miñas compañeiras de grupo, elaborando todas as actividades e recursos cada semana! Con este blog, no que non só se recollen actividades e entradas cada semana, senón tamén unha gran cantidade de esforzo detrás e horas de traballo, pretendemos que coñezades e poidades colaborar connosco nesta tarefa tan importante de cooperación e axuda do medio ambiente. Con todo, esperamos que este blog non quede no olvido e que se tedes algunha dúbida contactedes con nós. Unha aperta moi grande, verémonos moi pronto, mentras tanto... non deixedes de contribuír co voso gran de area axentes!! 💖🌼🐸🌳🍂


Opinión sobre os proxectos expostos

Moi boas axentes! Xa case estamos rematando esta experiencia tan gratificante... E por iso antes de despedirnos, vouvos comentar outra actividade de aula que levamos a cabo esta semana, expuxemos o noso e-book amosando tamén todo o feito ata agora! Ademáis, tamén observamos outras dúas exposicións de dous grupos de compañeiros da clase.
Na primeira levouse a cabo unha revista dixital na cal nos aclararon termos sobre as habilidades sociais e tamén describiron unha serie de actividades con esta temática.
Na segunda demostráronnos como se pode fomentar a lectura a partir dunha web, proporcionándonos unhas actividades moi interesantes sobre a temática sinalada.
Tanto un proxecto como o outro foron moi claros e concisos, apropiados para a promoción das TIC nas aulas. Un saúdo e a ver se lle botades un olliño a eses dous proxectos, son moi interesantes! 💻👋

Reflexión e despedida

Boas noites axentes da natureza !!
Toca despedirse, espero que disfrutarades ó longo destes meses. Foron moi divertidos, sobretodo porque cada semana tiñamos que facer algo diferente e as clases se me pasaban voando. Agora toca centrarnos nos exames pero recordade que para calquera dúbida podedes contactar con nós. Durante este tempo estivemos mellorando na utilización das TIC, tanto para o uso no noso día a día como cando sexamos futuros/as docentes. Lévome unha boa experiencia do blog, das actividades feitas e dos proxectos e das miñas compañeiras! Ata pronto❤❤💢💙💙
Correo do grupo: asaxentesdanatureza@gmail.com

Opinión sobre os proxectos expostos

Ola axentes!! Xa queda pouco para que a nosa aventura remate pero imos aproveitar ata o último día (que é mañá).
Como podedes ver nas tres entradas anteriores, subimos o informe final, o e-book e a presentación que utilizamos para expoñer o noso proxecto.
O mércores en grupo mediando, ademais de nos, expuxeron dous grupo máis. Un grupo fixo de producto final unha revista dixital sobre as habilidades sociais e o outro unha páxina web sobre a lectura. Gustáronme moito os dous polos seus altos contidos en recursos visuais e pola súa estética xa que se adecúan ás idades nas que queren traballalos. Ademais, as presentacións tiñan pouca letra e defenderon moi ben os seus traballos.
Un besiño💋

Reflexión e despedida

Ola axentes!!
Como dixen fai uns meses, con esta experiencia esperaba aprender a utilizar mellor as TIC xa que me parece un recurso que aos nenos e nenas lles interesa moito, xa que todo o que teña que ver con tecnoloxía chámalle máis a atención que unha explicación normal de teoría.
Agora podo dicir que si aprendín grazas a estas clases prácticas nas que descubrin moitas ferramentas para crear actividades de reforzo. Por exemplo Educaplay, unha páxina moi fácil de empregar na que se poden crear moitos exercicios e moi variados. Ademais temos a opción de adaptalo ao tema que nos queiramos.
Un saúdo e ata sempre!!

Opinión sobre os proxectos expostos

Os proxectos que se presentaron na miña clase mediana foron unha web de recursos e unha revista dixital. O primeiro recurso estaba moi completo e pareceume moi dinámico. Era moi visual, chamaba a atención, polo que ós nenos e nenas seguramente lles resulte interesante e o visiten para realizar as súas actividades. A revista dixital tamén estivo moi ben, amosaron actividades entretidas e prácticas para a aprendizaxe do alumnado.
En ambas exposicións os conceptos quedaron claros e as súas explicacións foron con moita fluidez.

Recurso exposición

Ola dende a nosa última entrada grupal!
Para acabar as nosas actividades grupais imos deixarvos o recurso que utilizamos para a exposición. Foi unha presentación (clica aquí) para explicar o noso informe final e os recursos que se encontran no noso e-book.

Informe final

Ola de novo!
Deixámovos o informe final (enlace aquí) cos datos sobre a escola na que se empregaría o noso proxecto, a xustificación da forma deste, varios cadros con información extra das actividades e as referencias electrónicas.
Un saúdo !!

Recurso final - E-BOOK

Ola axentes!!
Hoxe imos mostrarvos o noso proxecto final, un e-book dedicado ao día do medio ambiente. Nel vades encontrar todas as actividades e demais recursos que vos estivemos mostrando durante estes meses. Esperamos que vos guste moito e que vos resulte entretido. Desta maneira teredes todo nun mesmo lugar e ordenados de maneira progresiva, polo que a dificultade aumente segundo pases as páxinas.


sábado, 22 de abril de 2017

Día da Terra

Boas noites axentes!!
Hoxe 22 de Abril é o Día Internacional da Nai Terra. 💚💚💚💚💚
Pensamos que é un día especial para conmemorar xa que o noso planeta Terra e os seus ecosistemas nos dan a vida. É necesario concienciar a toda a poboación sobre os problemas que afectan á natureza e o poder que ten a educación, xa que adquirindo coñecementos conseguiremos tomar medidas para protexer o Medio Ambiente.
Dendo o blog intentamos axudar realizando actividades relacionadas co coidado da natureza ou da importancia da reciclaxe entre outras. É moi importante que dende moi pequenos/as fagamos estas actividades, pero recordade que non ten idade límite ! 😉😉

Sesión 4. Hotpotatoes.

Sesión 4: Hotpotatoes.
Na 4 e última sesión  traballei con Hotpotatoes unha ferramenta que conta con 5 tipos de actividades. Eu escollín a que máis se podía adaptar ó noso proxecto e trata sobre relacionar preguntas coas súas correspondentes respostas. Con esta actividade conseguirase adquirir coñecementos acerca da natureza e as ciencias sociais e como non... Anímovos a que a fagades!😎♥

Sesión 3. Popplet.

Sesión 3: Partes dunha flor.
Para facer a terceira actividade utilicei a ferramenta Popplet. É moi útil para facer esquemas e son moi agradables á vista. A miña actividade trata sobre as partes dunha flor. Anímovos a que baixedes a ver a entrada na que compartimos as actividades e a fagades. Moita sorte!

Sesión 1 e 2. Educaplay.

Sesión 1 e 2 : Educaplay
Na primeira e segunda sesión sesión estiven traballando con Educaplay, un portal de actividades no que podes crear xogos facilmente e son moi didácticos. Nestas sesións fixen dúas actividades e aquí vos deixo a explicación:

Actividade 1Adiviñanza.
Tras pensar unha palabra relacionada coa natureza tiven que dar pistas para que non fora moi complicado adiviñala ! Con este tipo de actividades podemos adquirir coñecementos sobre as ciencias naturais. Probade a ver que vos parece !!

Actividade 2: Ordenar palabras.
Nesta actividade ademais de aprender a orde correcta das estructuras sintácticas podemos adquirir coñecementos sobre as definicións das palabras como a que fixen eu sobre o termo "árbore".

miércoles, 19 de abril de 2017

Actividades interactivas

Boas tardes axentes da natureza!! Xa estamos de volta despois desta semana que en principio ía ser de descanso pero que ó final non foi así 😐😐. Estamos na recta final do curso así que vamos alá!

Hoxe vimos a subir as actividades interactivas que fixemos durante 4 sesións. Esperamos que pasedes un tempo didáctico e interactivo facéndoas!! Un saudiño

EDUCAPLAY

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2890653/ordenacion_de_palabras.htm







KUBBU
                                                                   
                                   




CRAM










MIDOMO 





HOTPOTATOES






POPPLET






JIGSAW PLANET:















lunes, 17 de abril de 2017

Sesión 4. CRAM.

Por último a páxina CRAM (enlace) que serve para crear cartas nas que incluir unha imaxe ou texto, e se poden imprimir para estudalas entre outras cousas. Pero a páxina non serve soamente para memorizar as tarxetas, senón que unha vez estas estean creadas, a páxina directamente dous exercicios. Un para que memorices o escrito nas tarxetas e logo, un test, no que tes que relacionar a parte frontal da tarxeta coa posterior.
É unha maneira divertida de aprender temas como o coidado da natureza a través dun xogo educativo. Esta ferramente é moi fácil de usar e pode adecuarse a calqueira idade ou tema, simplemente consiste en crear as tarxetas e enchelas.

Sesión 3. Midomo.

Midomo (enlace) foi outra das plataformas empregadas, que se utiliza para a realización de esquemas, que son moi útiles para o estudo. Ademáis do formato que vedes na imaxe, tedes a posibilidade de escoller vos mesmos como queredes que sexa o voso esquema. Tras escoller o formato vades engadindo segundo necesitedes máis cadros. Desta forma os esquemas quedarán limpos e claros.



Sesión 1 e 2. Educaplay.

Ola  todos/as!
Hoxe tráivos varias actividades sobre o medio ambiente, creadas con distintas ferramentas.
A primeira sería en Educaplay (enlace) , plataforma que utilizaron xa as miñas compañeiras para crear outras actividades. Esta páxina conta con moitos exercicios xa feitos que pode realizar calquera persoa que visite a páxina e ademais son moi variados, tanto os temas coma o tipo de exercicio en si. (tests, videoquizs, actividades de relacionar...)
 No meu caso realicei un exercicio para completar un texto que ten unha serie de ocos para cubrirse. Pode servir para aprender e coñecer cousas sobre outros temas, xa que este tipo de exercicios poden tratar de calquer temática.



A outra de educaplay igualmente, é un test no que se realizan unha serie de  preguntas sobre varias temáticas, entre elas as enerxías renovables. Consta dunha pregunta, que pode contar (ou non, depende do tema) cunha imaxe de axuda para que sexa máis fácil seleccionar unha resposta das que se dan a elexir. É unha tarefa que serve para o reforzo de moitos temas e que incluso á hora de estudar pode resultar moi práctica porque con ela podes repasar o temario.



sábado, 8 de abril de 2017

Sesión 4. KUBBU

KUBBU
Actividade 4: Responde! 🚮
Nesta actividade deberás responder A, B, C ou D segundo sexa a opción correcta, contestando a 3 preguntas que teñen que ver cos estados da auga.  Adiante axente, contamos con que sexas capaz de resolvelas todas e ben!


Sesión 3. JIGSAW PLANET

JIGSAW PLANET
Actividade 3: Completar os puzzles 
Nesta actividade terás que completar os puzzles; recliclaxe e o medio ambiente, así reflexionarás sobre o contido destes. Comeza!

Sesión 1 e 2. Educaplay.

EDUCAPLAY 
Esta ferramenta foi moi útil á hora de crear as seguintes actividades, espero que vos sexan eficientes e que a empreguedes!
Actividade 1: Crucigrama 🌊
Un crucigrama é un pasatempos no cal se escriben unha serie de palabras en orde vertical e horizontal, dun ao outro. Neste caso facémolo co tema das augas e os tipos de augas que poden existir. Adiante con esta actividade!

Actividade 2: Sopa de letras 🍜
As sopas de letras tamén é un pasatempos pero este consiste nunha cuadrícula con distintas letras, entre as cales hai que buscar unha serie de palabras nun tempo determinado. Esta sopiña que vos expoño a continuación é rica en coñecementos medioambientais. Seredes capaces de topar os 10 termos?

martes, 28 de marzo de 2017

WebQuest

Ola axentes da natureza!!
Aquí vos deixamos este novo recurso que creamos durante estas semanas para o alumnado a partir de 4º de primaria. Un saúdo e esperamos que vos guste.

lunes, 6 de marzo de 2017

Recursos audiovisuais

Ola de novo blogueir@s!!
Aquí vos deixamos os recursos audiovisuais que realizamos para engadilos ao noso proxecto final. Primeiramente temos un video tutorial de como usar Glogster para elaborar pósters dixitais como o que subimos nunha entrada anterior.



En segundo lugar temos un videoquiz co que explicamos de maneira entretida o ciclo da auga. Aquí vos deixo o enlace: https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2828369/videoquiz.htm




En terceiro e último lugar, deixámosvos o enlace e unha foto sobre a ruleta de palabras sobre o medio ambiente. Enlace: (O medio ambiente) e, para irlle botando unha ollada, a foto:


Esperamos que vos guste e que teñades bo día!!

miércoles, 1 de marzo de 2017

Comentario sobre as actividades audivisuais

Boas tardes! 🐙

Hoxe falareivos dunha páxina chamada Educaplay (
Clica aquí!), a mesma escollida pola miña compañeira Olga. Nesta, pódense crear infiniade de actividades relacionadas con calquera tema que se escolla. Algunhas delas son adiviñanzas, mapas interactivos, crucigramas, videoquiz, etc. A actividade que escollín foi a da Ruleta de palabras, xa que me pareceu unha das máis interesantes e divertidas para aprender moitos coñecementos sobre o medio ambiente. É unha tarefa orientada para o alumnado de 6º de primaria.

Comentario sobre as actividades audiovisuais

Bos días de novo!!😄
Hoxe querovos falar dunha páxina moi interesante e útil para realizar actividades entretidas. Chámase Educaplay ( aquí o enlace ) e ten unha amplia varidade de exercicios, dende crear sopasde letras ata un mapa interactivo. Aínda así centrarei a miña opinión na actividade de videoquiz, que consiste en seleccionar un video (ou as partes que quereis del mesmo) e introducirlle preguntas a medida que este avanza. Isto fai que a atención doque estámirando o video se manteña para así lograr unha máxima puntuación, pode ser moi educativo para calquer tipo de idade.


martes, 28 de febrero de 2017

Comentario sobre as actividades audivisuais


Ola axentes da natureza!!
Na entrada de hoxe veño a falarvos dun recurso que se chama Atube Catcher. Moit@s a coñeceredes como a aplicación para descargar música de YouTube pero sirve para máis cousas como facer vídeos tutoriais xa que permite gravar a pantalla do voso ordenador con audio. Pareceume un recurso moi útil e fácil de usar porque explica ben os pasos a seguir. Aquí vos deixo o enlace á aplicación e espero que lle deades uso e compartades con todo o mundo os vosos vídeos (Descargar Atube Catcher gratis).
En próximas entradas subireivos o meu tutorial sobre como utilizar Gloster.Un biquiño!!




miércoles, 22 de febrero de 2017

Reflexión final sobre o póster dixital e outras ferramentas

Bos días chicos e chicas!!
Hoxe vimos a comentarvos os recursos que utilizamos esta semana. Concretamente foron programas para crear un póster dixital que incluía ademais os distintos xogos educativos para utilizar na clase, que podedes encontrar tamén no noso blog. Neste poster tamén aparecen recusos coma a nube de tags  (enlace aquí) onde encontramos as palabras máis repetidas e destacadas sobre a nosa temática e o código QR (enlace aquí) que facilita a búsqueda do noso blog dende o móbil.
Todos estes recursos eran novos para nós e creemos que son interesantes e nos axudarán a mellorar a calidade do noso proxecto final.
Por último, o póster dixital é un recurso moi recomendable xa que é chamativo e permite amosar moita información tan só nun cartel. Para crear o póster utilizamos a aplicación Gloster.
Isto para os nenos e nenas é máis cómodo e práctico porque teñen todo máis a man e non se saturan co exceso de información. Aquí vos deixamos o enlace para entrar a Gloster (enlace aquí) e tamén para que vexades o noso póster dixital.
Póster en Gloster


Esperamos que vos resultara útil esta información, ata pronto!

miércoles, 15 de febrero de 2017

Recursos relacionados co proxecto

Saudiños rapaciñas e rapaciños! 🌵

Hoxe falareivos un pouco de 3 xogos que atopei nesta semana, parécenme moi interesantes e divertidos e anímovos a que lle botedes unha ollada 👀

Déixovos os enlaces dos xogos e unha imaxe de cada un deles para que vos fagades unha pequena idea 🐙

1º xogo; Presenta 3 apartados relacionados co Día do Medio Ambiente; 1º O xardín, 2º Formas e cores e 3º O fondo do mar. En cada unha das 3 seccións desenvólvese una actividade distinta. Recoméndoo para o alumnado do 1º ciclo de Ed. Primaria 🐤

http://www.tudiscoverykids.com/juegos/vida-natural/


2º xogo; Presenta 6 actividades relacionadas co solo e o entorno e os diferentes usos que se lle dan, son actividades para alumnos e alumnas de 2º ciclo de ed. Primaria 🌿



















3º xogoNeste xogo levanse a cabo actividades relacionadas coas prantas, está adecuado ao alumnado do 3º ciclo de ed. Primaria 🐧

http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-plantas/


















Espero que vos animedes a entrar! Deica outra 👋🐥 

Recursos relacionados co proxecto

Bos días chicos e chicas!!
Hoxe comentarei tres xogos que me parecen moi interesantes e educativos para os nenos e nenas de Primaria. O primeiro deles é o "Xogo do Aire" ( http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-aire/?rnd=0.19416328038206565 ) Trata sobre o medio natural, principalmente sobre o osíxeno e o seu coidado, fan preguntas sobre que casos poden contaminar ou sobre quen necesita osíxeno para vivir.

Paréceme un xogo moi educativo que axuda a que os/as máis pequenos/as se den conta da importancia que ten coidar o osíxeno polas moitas utilidades que ten, e que para nós, os humanos é imprescindible para vivir.

O segundo dos xogos é o "Xogo da enerxía solar (http://agrega.educa.madrid.org/visualizar/es/es_2008070113_0320400/false) que ten principalmente tres partes. A primeira consiste nunha explicación sobre como é a enerxía solar e para que se utiliza, logo aparecen varias preguntas tipo test nas que deben elexir a resposta correcta e por último clasificar unha serie de vantaxes e desvantaxes sobre este tipo de enerxía renovable. 


É un xogo moi educativo que fomenta o uso da enerxía solar, un recurso que favorecería totalmente ao medio natural xa que é pouco destructiva e renovable.

E en terceiro e último lugar o xogo de "¿Reciclamos?" (http://agrega.hezkuntza.net/visualizar/es/es_2009050813_7200190/false ) Trata de conseguir clasificar correctamente varios obxectos meténdoos nos distintos contenedores.


Esta é unha maneira de que xogando os nenos e nenas consigan aprender a reciclar correctamente, ten tanto un aspecto educativo coma cotiá, xa que é unha actividade que poden realizar no día a día na súa propia casa.

Recursos relacionados co proxecto

Bos días axentes da natureza! Como estades?

Hoxe veño a contarvos como foi a búsqueda de recursos relacionados co proxecto que imos realizar a final de curso. Neste caso encontrei tres xogos educativos moi didácticos e interesantes que tratan sobre a reciclaxe, os elementos da paisaxe e o aire.


1. O primeiro recurso que encontrei foi este xogo educativo para nenos e nenas do primeiro ciclo. Penso que se adapta moi ben para estas idades debido á letra e ás imaxes pero non me gustou que nunha tabla houbese que diferenciar entre elementos da natureza e creados polo home.
http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juego-elementos-paisaje/

2. O segundo xogo chámase "aprende a reciclar con Pocoyó" e gústame que haxa xogos relacionados con esta temática xa que é necesario que dende moi pequenos/as saibamos a necesidade que ten a reciclaxe e en que contedores hai que tirar o lixo.
 http://www.pocoyo.com/juegos-ninos/reciclaje-basura



3.O terceiro xogo educativo titúlase "o aire". Pareceume formativo xa que adquires coñecementos sobre o aire, os gases ou as capas da Terra xogando. As imaxes son de boa calidade  e representativas. Aquí vos deixo o enlace. http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-propiedades-aire/

Un saudiño  e que teñades bo día💋💋💋💋

martes, 7 de febrero de 2017

Comentario da revisión feita

Ola rapaces e rapazas! 💪

Como comentei na primeira entrada, a ferramenta escollida para a elaboración do noso traballo foi o
e-book ou libro dixital, xa que é a que máis convén para o tema, contidos e actividades que imos ir realizando ao longo do proxecto.

Tocoume botarlle unha ollada ao
Blog de Educación e TIC "Tiching", no cal amosa 10 ferramentas para axudarnos na creación do e-book, á páxina web "Blurb" que tamén nos mostra diversos formatos dixitais e axudanos a crealos para os nenos e nenas. De terceiro visitei tamén  a páxina "WWWhats new", na cal podemos ler e crear libros dixitais infantís e por último a web "Tecnoloxía Educativa", unha biblioteca virtual que presenta vídeos, enlaces, webs e demáis para axudarnos na formación tecnolóxica dos alumnos e alumnas mediante o ámbito educativo.

Con isto, levarase a cabo un e-book cheo de coñecementos interactivos para facilitarvos a aprendizaxe, unha aperta moi grande, vémonos!
👋🌿

Comentario da revisión feita

Ola a todas e todos de novo!!
Esta vez falaremos da elección do noso traballo final de novas tecnoloxías, un e-book. O eleximos xa que nos parece o formato máis adecuado para presentar o noso tema. Con el trataremos noticias, falaremos da importancia das TIC e incluso poderemos engadir algunhas actividades para os rapaces e rapazas.


Para ter ideas para o noso propio consultamos algúns e-books, por exemplo os que tiñan nas revistas Educación tres punto cero, Comunicar, Quaderns e Pixel Bit. En todas elas aparece información a través de artigos ou estudos sobre as TIC nas aulas. Falan sobre como incluír diferentes recursos nas clases, utilizar dicionarios online, distintas apps e incluso algúns xogos que lles permitan aos alumnos/as divertirse e aprender ao mesmo tempo. Concretamente na revista de Educación tres punto cero tratan plataformas coma a de Kahoot, un instrumento que permite que os profesores/as elaboren unha serie de preguntas que máis tarde os alumnos contestaran como se se tratase dun concurso.

📕💻📕

Comentario da revisión feita

Boas tardes lectoras e lectores!!
Tras días de chuvia, vento e tronos que causaron desfeitas e accidentes en moitas partes de Galiza parece que o tempo xa se estabilizou ainda que hai fogares que a estas horas que seguen sen luz.


Hoxe veño a contarvos en que formato faremos o traballo final da materia de Novas Tecnoloxías.
Tras debatilo decantámonos polo e-book xa que é orixinal e se adapta ó enfoque que queremos dar.
Grazas a este traballo mostraremos as ventaxas que teñen as TIC na educación.




Tras revisar e-books de Editorias como Santillana, Bruno ou Xerais anotei ideas interesantes que seguro utilizaremos no noso producto final. En líneas xerais caracterízanse por ser moi coloridos, con cantidade de imaxes e nada aburridos. Penso que para que un neno ou nena aprenda debe primar a calidade antes que a cantidade;  Isto refléxase nos e-books divisados.
A continuación deíxovos o enlace dunha noticia que se publicou no xornal La Región da provincia de Ourense  e algunas fotografías sacadas no Concello de Boborás que plasman o temporal que tivemos días pasados. Un saudiño axentes da natureza!!👄🌿




Noticia do xornal La Región











martes, 31 de enero de 2017

Reflexión inicial

Ola a todos e todas!!
Os temas a tratar neste blog serán relacionados co medio natural, tratando temas coma o día mundial do medio ambiente co que por exemplo conseguiremos concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o coidado da natureza. Ademais de mostrarlles diferentes ámbitos temáticos que lles permitan estar informados e en coñecemento sobre diversos temas que lles poden ser útiles ao longo da súa etapa educativa.
Por outro lado, penso que as prácticas servirán para que aprendamos a traballar cos ordenadores por exemplo. De maneira que poidamos descubrir novos conceptos e programas informáticos que nos permitan traballar mellor e de maneira distinta ao que xa sabiamos previamente. Polo tanto creo que serán fundamentais porque temos a oportunidade de mellorar a nosa formación neste aspecto tecnolóxico, un ámbito que hoxe en día é crucial para calquera aspecto, tanto académico, coma laboral ou para o tempo libre.
Como xa dixen anteriormente espero que nesta materia logre mellorar a miña formación sobre o funcionamento da tecnoloxía actual; e que polo tanto o que aprenda neste período de tempo poida servirme nun futuro.


E por último os medos ou as cousas que espero que non sucedan son dúas principalmente. En primeiro lugar, non comprender adecuadamente o que se da na materia e entón non saber traballar adaptándome ao que se demanda. E en segundo e último lugar, que os contidos que se impartan non me sexan útiles nun futuro.

🌿 🌾

Reflexión inicial

Moi boas axentes! 🌿

É o Día do Medio Ambiente e, en xeral, todo o relacionado con esta temática o escollido para este blog porque é un tema moi relevante, xa que abrangue unha gran cantidade de valores e, como tal, debería ser máis tratado en todos os ámbitos.

Centrámonos no educativo para poder transmitir ditos valores a través da educación, concienciando a nenas e nenos dende pequenos sobre a importancia deste asunto para un mundo mellor, sen contaminación nin cambio climático, entre moitos outros.


Deste xeito, a opción máis interesante de proxecto para o tema a tratar, foi a 4; Realizar un e-book (libro dixital). Neste, plasmaranse todas as expectativas das prácticas do traballo a nivel individual e colectivo.


Persoalmente involucrareime ao máximo na elaboración de contidos ou actividades que se leven a cabo no desenvolvemento de dito proxecto, potenciando as miñas escasas capacidades sobre o manexo tecnolóxico con programas nunca utilizados, entre outros, que non evitará o querer aprender a aprender para poder ensinar.


Unha aperta para todas/os! 🍃

Reflexión inicial

Ola a todos e a todas!👋👋
Neste blog imos tratar o tema do Medio Ambiente e o relacionado con el. Escollimos esta temática xa que nos parece  importante concienciar dende moi pequenos que a natureza ten un papel moi importante nas nosas vidas. Este blog serviranos para coñecer información nova e para profundizar en temas que ó mellor noutros traballos non facemos.

Creo que as prácticas nos van servir para aprender a usar diferentes programas informáticos e estas aprendizaxes as utilizaremos como futuros docentes. É unha materia que de primeiras me chama a atención porque non son moi experta nas novas tecnoloxías e penso que vou culturizarme nese aspecto. Espero non ter problemas co uso das mesmas e que sexa unha materia levadeira e moi didáctica!!

Un biquiño e vémonos pronto axentes da natureza.🔃