martes, 31 de enero de 2017

Reflexión inicial

Ola a todos e todas!!
Os temas a tratar neste blog serán relacionados co medio natural, tratando temas coma o día mundial do medio ambiente co que por exemplo conseguiremos concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o coidado da natureza. Ademais de mostrarlles diferentes ámbitos temáticos que lles permitan estar informados e en coñecemento sobre diversos temas que lles poden ser útiles ao longo da súa etapa educativa.
Por outro lado, penso que as prácticas servirán para que aprendamos a traballar cos ordenadores por exemplo. De maneira que poidamos descubrir novos conceptos e programas informáticos que nos permitan traballar mellor e de maneira distinta ao que xa sabiamos previamente. Polo tanto creo que serán fundamentais porque temos a oportunidade de mellorar a nosa formación neste aspecto tecnolóxico, un ámbito que hoxe en día é crucial para calquera aspecto, tanto académico, coma laboral ou para o tempo libre.
Como xa dixen anteriormente espero que nesta materia logre mellorar a miña formación sobre o funcionamento da tecnoloxía actual; e que polo tanto o que aprenda neste período de tempo poida servirme nun futuro.


E por último os medos ou as cousas que espero que non sucedan son dúas principalmente. En primeiro lugar, non comprender adecuadamente o que se da na materia e entón non saber traballar adaptándome ao que se demanda. E en segundo e último lugar, que os contidos que se impartan non me sexan útiles nun futuro.

🌿 🌾

Reflexión inicial

Moi boas axentes! 🌿

É o Día do Medio Ambiente e, en xeral, todo o relacionado con esta temática o escollido para este blog porque é un tema moi relevante, xa que abrangue unha gran cantidade de valores e, como tal, debería ser máis tratado en todos os ámbitos.

Centrámonos no educativo para poder transmitir ditos valores a través da educación, concienciando a nenas e nenos dende pequenos sobre a importancia deste asunto para un mundo mellor, sen contaminación nin cambio climático, entre moitos outros.


Deste xeito, a opción máis interesante de proxecto para o tema a tratar, foi a 4; Realizar un e-book (libro dixital). Neste, plasmaranse todas as expectativas das prácticas do traballo a nivel individual e colectivo.


Persoalmente involucrareime ao máximo na elaboración de contidos ou actividades que se leven a cabo no desenvolvemento de dito proxecto, potenciando as miñas escasas capacidades sobre o manexo tecnolóxico con programas nunca utilizados, entre outros, que non evitará o querer aprender a aprender para poder ensinar.


Unha aperta para todas/os! 🍃

Reflexión inicial

Ola a todos e a todas!👋👋
Neste blog imos tratar o tema do Medio Ambiente e o relacionado con el. Escollimos esta temática xa que nos parece  importante concienciar dende moi pequenos que a natureza ten un papel moi importante nas nosas vidas. Este blog serviranos para coñecer información nova e para profundizar en temas que ó mellor noutros traballos non facemos.

Creo que as prácticas nos van servir para aprender a usar diferentes programas informáticos e estas aprendizaxes as utilizaremos como futuros docentes. É unha materia que de primeiras me chama a atención porque non son moi experta nas novas tecnoloxías e penso que vou culturizarme nese aspecto. Espero non ter problemas co uso das mesmas e que sexa unha materia levadeira e moi didáctica!!

Un biquiño e vémonos pronto axentes da natureza.🔃